transporte
Novas
xosé manuel Puga, Luís Seara e Erea Blanco

O BNG iniciou este luns unha recollida de sinaturas para pedirlle ao Alcalde rectificación no novo mapa de liñas do transporte público

O Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense comezou esta campaña na parada de bus da Alameda, onde foron moitas as usuarias e usuarios que asinaron o documento no que se lle pide ao Alcalde unha rectificación total da súa proposta de novo mapa de liñas e horarios do transporte público toda vez que esta non responde ás necesidades da maioría social

Ler novas
Novas
Xosé Manuel Puga, Rhut Reza, Luís Seara e Erea Blanco

O BNG reclama o fraccionamento da modificación de crédito de 25 millóns de euros proposta polo Goberno Local en varios expediente distintos

O Grupo municipal do BNG trasladou esta proposta na Xunta de Portavoces celebrada esta mañá na Alcaldía ao considerar que “na proposta trasladada en lote figuran actuacións moi dispares entre si, nalgunhas coincidimos no tocante a súa necesidade mais hai outras coas que non concordamos”

A formación nacionalista arríncalle ao Alcalde o compromiso de implementar “canto antes” a gratuidade universal no Transporte público

Ler novas
Novas
Luís Seara, Portavoz do BNG no Concello de Ourense

O BNG solicita que a situación do transporte urbano sexa tema prioritario na Xunta de Portavoces convocada para mañá venres

Desde o Grupo municipal do BNG sinalan que “a confusión, os nervos e a incertidume entre a veciñanza diante do novo mapa de liñas, dos cambios permanentes nas mesmas e a súa implementación prevista para o vindeiro martes, son da suficiente entidade como para que esta cuestión sexa abordada con tranquilidade, seriedade e rigor”

Ler novas