xestión
Novas
Luís Seara e Rhut Reza con Xosé Manuel Puga e Erea Blanco detrás

O BNG sinala que informes técnicos do Concello “confirman a nula vontade do Goberno Local no pagamento dos atrasos a Bombeiros e Policía Local”

O Grupo municipal faise eco do sinalado nun Informe que vai a Pleno este venres e no que a Intervención municipal advirte que por orde do Goberno Local paralizouse a tramitación por urxencia do expediente de modificación de crédito 5P/2024 que incrementaba o capitulo I do Orzamento en máis de 4 millóns de euros

Ler novas
Novas

O BNG insiste na situación de colapso e parálise do Concello que conleva “importantísimas cargas económicas que ímos ter que afrontar entre todas e todos”

En novembro de 2024, o Pleno aprobaba unha modificación de crédito co obxectivo de executar a sentenza. Agora, o Xulgado vén de ordenar o pagamento da mesma no prazo máximo dun mes e o Concello “sorprendentemente” apelará dita decisión co risco de incrementar significativamente os xuros de mora que, a día de hoxe, xa rozan os dous millóns de euros

Ler novas
Novas
IMG_8043

O BNG contradí a Jácome e responsabilízao da anulación do proceso de licitación do contrato de concesión do lixo

A formación nacionalista, que tivo acceso ao expediente do proceso, sinala que Jácome sabía das deficiencias dos pregos antes do informe encargado a PwC "pois así o puxeran de manifesto previamente técnicos municipais", sendo a pretensión do Alcalde, que dito informe "validara os pregos e desbotara as deficiencias, algo que non fixo"

 

 

Ler novas