'Come Ourense': un proxecto iniciado polo BNG que debe ter continuidade
O BNG preguntou este mércores na Xunta de Área de Meio ambiente polo proxecto 'Come Ourense' que puxo en marcha a concelleira nacionalista Marta Arribas na Concellería de Meio Ambiente.
O Proxecto Come Ourense forma parte da Rede Europea URBACT que ten como obxectivo fundamental promover o desenvolvemento urbano sostible. Deste xeito Ourense forma parte dende outubro de 2012 dunha rede europea xunto con outras nove cidades: Bruxelas, Atenas, Oslo, Goteborg, Lyon, Bristol, Messina, Amersfoot e Vaslui.
Na páxina web do proxexto http://urbact.eu/en/projects/low-carbon-urban-environments/sustainable-food-in-urban-communities/homepage/ aparece información detallada sobre os fundamentos da participación de Ourense na rede, así como os resultados que se pretenden obter, como a recuperación de terreos produtivos sen cultivar na periferia urbana, a prevención contra os incendios forestais ao poñer en cultivo espazos potencialmente inflamables, a xeración de rendas económicas a través da venda dos produtos comete Ourense, a promoción dunha dieta máis saudable a través de produtos frescos e de tempada, a difusión de estes productos con unha etiquetaxe controlada pola Universidade de Vigo, a creación da Unidade Local de Alimentación na Praza de Abastos, a colaboración de voluntarios dos grados de Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Ciencias Ambientais e Enxeñaría Técnica Agrícola do Campus de Ourense, ou a dinamización económica das aldeas da periferia co establecemento dos rianxos semanais dos produtos frescos e de tempada que se cultivarían ao longo do ano no medio rural do Concello.
A periodización deste proxecto establecía un pequeño proxecto piloto na vila de Seixalbo polo que se realizaron diversas reunións coa poboación local e se sinalaron nun mapa parcelario as posibles fincas interesadas en participar en este proxecto, solicitándose por parte dos asistentes a estas reunións a mediación do Concello para elaborar un documento-tipo de arrendamento voluntario das fincas sen compensación económica, para que aquelas persoas interesadas en traballar terras seguindo as indicacións dos alumnos e profesores voluntarios do proxecto, puderan acordar coas persoas propietarias a cesisón de esas parcelas no marco de este proxecto.
O BNG quere coñecer, e así o fixo saber a concelleira nacionalista Ximena González na Xunta de Área, se se vai continuar co proxecto e cales son os pasos que se van a dar dende a Concellería de Meio Ambiente para facelo.
Ourense, 13 de decembro 2012