Defendemos as axudas públicas para manter en Ourense o deporte de base
Puxémolo en práctica cando xestionamos a área de Deporte no Concello de Ourense e seguimos mantendo o modelo de axudas públicas para promocionar o deporte de base en todas as disciplinas, sobor de todo os minoritarios ou os de marcado perfil feminino que doutro xeito non terían oportunidade de practicarse na nosa cidade.
A proposta de Democracia Orensana causou estupor entre a xente dos clubes, non só pola súa proposta, que amosa un profundo descoñecemento do seu funcionamento, senón tamén polos cualificativos de mafia , cortijos privados e a grave afirmación ao acusalos de desviar fondos.
No día de onte, o grupo municipal do BNG mantivo unha xuntanza con varios destes clubes quenes defenderon o cofinanciamento das súas actividades por parte do Concello como único xeito de garantir que un maior número de nenas e nenos, independentemente da súa capacidade económica, poidan acceder á práctica do deporte.
Manifestaron que Democracia Orensana fala dende o descoñecemento e non diferencia entre a actividade física e a deportiva -ésta última inclúe a competición- e que os gastos de formación, entrenamentos, gastos de federación, transportes, etc. sobrepasa, en moito, a suma do que se lle cobra ás familias e ás subvencións recibidas. O seu mantemento equilíbrase co voluntariado porque non hai beneficios e se os houber éstes terían que revertir no propio clube dado que son entidades sen ánimo de lucro.
Pola sua banda, a concelleira Ximena González acusou ao portavoz de Democracia Orensana de mentir cando afirma que a algúns clubes se lles regala o Pavillón para entrenar cando a realidade é que ou ben pagan un canon polo uso das instalacións ou pagan a tavés dos abonos.
O BNG defende o traballo que fan a maioría dos clubes e o de tantas persoas, voluntarias, nais e pais que desenvolven un labor difícil de cuantificar económicamente para que o deporte base funcione en Ourense.