Seguimos propondo medidas que permitan á cidadanía participar máis directamente na vida municipal
No pasado pleno de decembro, o BNG presentou unha proposta para a creación dos distritos na cidade de Ourense, proposta encamiñada a aproveitar as ferramentas actuais que a lexislación ten para a participación da cidadanía na vida municipal. Anunciabamos ésta como a primeira medida encamiñada a incrementar a participación veciñal nos asuntos públicos. Aprobada esa proposta queremos seguir ese camiño e por iso planteamos, entre outras cuestións a modificación do Regulamento de Participación Cidadá, aprobado en 2006 pero que non está a resultar práctico á hora de facilitar a implicación dos colectivos veciñasis na vida municipal .
Neste senso, unha das mocións que levaremos ao pleno de xaneiro é inclúe a modificación do citado regulamento. O BNG quer que se rebaixe a porcentaxe do censo á hora de presentar Inciativas Populares, introducir a figura dunha consulta popular local sen as restricións que impón a Lei de Bases de Réxime Local e cun formato propio para a cidade, revisar os criterios para solicitar unha Audiencia Pública ao Alcalde e estudar a incorporación das Federacións á comisión especial de suxestións e reclamacións delegada do Pleno do Concello de Ourense.
Para o Bloque a cidadanía sempre foi protagonista dos proxectos que elaboramos para a cidade, tanto no desempeño de funcións de goberno como nas labores de oposición. Aí están as reunións coas veciñas e veciños previas aos procesos de humanización dos barrios, ás propostas recollidas nas alegacións ao PXOM, reunións e debate sobre as ordenanzas municipais, orzamentos municipais, etc. A asembleas non son para nós unha moda, forman parte da nosa esencia como organización que fai política para a xente.
Porén, dende o BNG buscamos que a participación sexa aínda máis directa polo que a moción tamén inclúe a proposta de que en todas as xuntas de área poida asistir un representante dos cidadáns para coñecer de primeira man os asuntos que se xestionan en cada concellaría, permitindo así unha interlocución máis ràpida e fluída cos representantes públicos.