Galiza pola República e polo dereito á autodeterminación

Galiza pola República e polo dereito á autodeterminación

Despóis da abdicación do rei Juan Carlos, que non pretende outra cousa que salvar unha monarquía en descomposición e desprestixiada por numerosos casos de corrupción, queren pór un novo rei en quince días sen contar coa opinión do pobo, como xa fixeron en agosto de 2011 cunha reforma do artigo 135 da Constitución.

XOVESEstamos nun momento histórico cun modelo de constitución caduco e que agoniza. O ditador Franco, que encabezou en 1936 un levantamento militar e fascista contra a democracia, nomeou ao príncipe Juan Carlos como o seu sucesor en 1969. A monarquía atual é, polo tanto, herdeira daqueles que se levantaron contra a República constitucional, elixida nunhas elecións democráticas. Juan Carlos, que nunca condenou a ditadura franquista, xuraba daquela, lealdade ao ditador e aos 'Principios del Movimiento Nacional' e falaba de 'la legitimidad política surgida el 18 de julio de 1936'.

A monarquía é incompatíbel cun sistema democrático: é un réxime vitalicio e hereditario, que non ten en conta a vontade popular porque o rei, como xefe de Estado, non é elixido polo pobo nunhas elecións democráticas. Estamos a prol da ruptura democrática e queremos decidir sobre o noso futuro.

Partindo da existencia dunha realidade plurinacional, estamos por procesos constituíntes nas nacións do Estado, para que a cidadanía poda decidir sobre o modelo político-istituciona territorial e escoller a forma do Estado.

Queremos berrar tamén en Ourense, cidade históricamente republicana, onde se proclamou a I República Galega no ano 1931, cidade que acolleu a persoeiros tan destacados como Alexandre Bóveda, Benigno Álvarez e tantas outras heroínas anónimas que loitaron por defender a democracia e liberdade no 1936 contra o golpe de estado fascista que se ergueu contra o goberno democráticamente elexido da República.

Pola República e polo dereito de autodeterminación chamamos ao pobo de Ourense a participar na concentración que terá lugar este xoves ás 20.00h na Praza Maior.

Concentracion_19-06-14

Organizacións que apoian este manifesto: Galiza Nova, CIG, EU, PCG, XX.CC, LEG, Anova, CUT, Isca!, Bloque Nacionalista Galego, Comités, Espazo Ecosocialista, Equo, Causa Galiza, Galiza Pola Soberanía, CC.OO, Sindicato ferroviario, Amigos da República, UGT e Compromiso por Galicia.

Galiza pola República e polo dereito á autodeterminación