Pedimos que no Consello Municipal da Cultura se consensúe o programa das festas de Ourense
Ante as críticas ao programa das Festas de Ourense, actuacións, emprazamentos, pregoeira-o, etc, o BNG considera que o Consello Municipal da Cultura debera ser o espazo no que se debata e consensúe o programa e todo o que xira entorno á celebración das festas.
Si a pasada semana o grupo municipal nacionalista criticaba a supresión da Batalla das Flores por decisión unilateral da concelleira de Cultura, hoxe poñen o acento, entre outras cuestións, na polémica xerada pola elección da pregoeira, Elena Espinosa. Resulta evidente que a súa escolla obedece a un decisión partidista e cun marcado carácter político porque á señora Espinosa non se lle coñece máis vinculación coa cidade que o de ter nacido en Ourense . A tradición sempre foi que o pregón se lle encargara a unha figura sobranceira das artes ou das leras, cun recoñecemento social plural e vinculada a Ourense, ou ben empregábase o pregón como pretexto para facer un exercicio de identificación da cidade coa súa historia a través dunha escenificación teatralizada. Esta tradición perderase con Elena Espinosa.
E precisamente para que isto non volva acontecer, o BNG levará a pleno unha moción na que poide incluír dentro das funcións do Consello Municipal da Cultura o debate e consenso sobre a elaboración do programa, incluíndo tamén a escolla da persoa encargada do pregón.
Tamén o BNG quer criticar a centralización de todas as actividades -prácticamente centradas no teatro- no centro da cidade (Praza Maior, Paseo, Bispo Cesáreo, Alameda e Posío). Ningunha actividade nos barrios nen noutros lugares emblemáticos da cidade como a Praza das Mercedes.
Independentemente de quen estea no goberno, as festas deben fomentar sempre a participación da xente en todas as franxas de idade e neste programa do 2014 faltan as verbenas, as charangas e actividades onde os máis pequenos se interrelacionen coa actividade e non se limiten simplesmente a mirar.
Canto máis se profundiza no programa máis se albisca a visión elitista e clasista da persoa que o elaborou, Ana Garrido, a concelleira que ten unha visión da cultura totalmente alonxada do que gostan as clases populares.