O BNG non apoiará un orzamento sen perspectiva social que non resolve os problemas de Ourense
O Grupo Municipal do BNG presentou 5 bloques de propostas de emendas aos orzamentos como exemplos de que se poden facer uns orzamentos máis sociais e que teñan como centro das políticas ás persoas e que Ourense non os terá por falta de vontade política do PSOE.
O BNG xa anunciou nas pasadas semanas que non apoiará a proposta de orzamentos do PSOE porque entende que a modificación de diferentes partidas non evitará a falta de enfoque social dos orzamentos municipais nos que tampouco se contemplan as necesarias actuacións nos diferentes barrios da cidade que xunto coa promoción do emprego deberan constituír os tres eixos da proposta económica para a cidade. Malia ter decidido a posición, as nacionalistas presentan propostas de emenda aos orzamentos para demostrar que mesmo cunha estrutura continuista e limitada dos orzamentos, hai alternativas.
A proposta do BNG nun primeiro bloque de emendas consiste en dimimuír nun 50% as partidas de asistencias técnicas nas diferentes áreas e adicar eses máis de 340.000 a incrementar axudas de comedores escolares, libros de texto, axudas a familias monoparentais e programas dixiridos ás persoas migrantes. Unha concepción diferente da política de persoal e da contratación das asistencias técnicas permitiría dispor de recursos económicos para políticas socias diferentes e un incremento de case 200.000 na partida de axuda a emerxencial social. A política de persoal é tan errática que no propio orzamento aparecen incoherencias entre a RPT e o documento de orzamentos, como no caso das partidas de Retribucións Básicas de Persoal Eventual de Gabinetes e Retribucións complementarias que se incrementan de forma desmesurada sen nengunha explicación (pasan respectivamente de 32.358 a 190.125,87 e de 93.265,74 a 224.602,70 cando na RPT hai un posto menos que no orzamento de 2012).
O segundo bloque de emendas vai dirixido a diminuír as partidas de publicidade e propaganda, comunicación postal, protocolo, material de oficina, adquisición de prensa e mantemento de hardware e software e incrementar así -duplicando e triplicando en algún caso- as partidas de sensibilización, prevención da violencia de xénero, actividades do CIMM, subvencións de Igualdade (que se multiplicarían por 10), incorporar proxectos de cidade como os de Cidades Amigábeis coas persoas maiores, coa infancia, o Plan de Accesibilidade recentemente aprobado e incrementar en 245.000 máis a partida de axudas a emerxencia social. Só prescindindo de gastos relacionados coa publicidade, protocolo e comunicación.
A terceira proposta é un exemplo, dos moitos que se poderían modificar no orzamento, de como o goberno aposta por eliminar modelos que funcionan. Neste caso presenta unha proposta para que a subvención pola promoción da marca Ourense Termal diminúa nun 50% e se adique a Actividades extraescolares e escolas deportivas que fican neste orzamento nun tercio do gastos de 2012.
En base ao informe do interventor o BNG considera que o gasto consignado á indemnización a Proavia pode liberarse e facer o pago desta indemnización a través dunha modificación de crédito -tal como di o informe de intervención- de modo que se liberan para o orzamento 2.500.000 que a proposta das nacionalistas debera destinar ás partidas de actuacións no perímetro rural -2 millóns- e a adquisición de edificios para a execución de vivenda pública -mesmo á rehabilitación- promovendo así a posibilidade de dispor de vivendas municipais baixo alugueiros sociais que contribúan a paliar os problemas derivados das políticas estatais da vivenda. Máxime cando o Concello ten creada unha Comisión contra os desafiuzamentos que non ten reflexo nos orzamentos municipais.
As nacionalistas tamén presentaron unha emenda que para a diminución no capítulo de persoal das vacantes que non se cubren -pola imposibilidade das administracións locais de contratar baixos as leis estatais- e que xeran unha cantidade sobraorzamentada de 3.000.000,00 segundo o informe de Intervención, a proposta do BNG é que esa cantidade se empregue para incrementar a partida da Caixa de Finanzamento do Plan de Emprego Local, toda vez que parece que se pode dispor desa cantidade e de que o emprego e a súa promoción debe ser unha prioridade do orzamento.
Asemendas que presenta o BNG son un claro exemplo de que os orzamentos municipais non son válidos para as necesidades da cidade, expresou Xosé Somoza, voceiro do bloque que non serve facer sempre o mesmo cando os retos a enfrentar son outros, non valen para resolver os problemas que temos e se engadimos a iso que a tramitación pode levar a que non estén finalmente aprobadas ata final de ano serán prácticamente inexecutábeis.
O nacionalista sinalou que o orzamento require unha emenda á totalidade mas para iso o primeiro é unha nova RPT, levamos máis dun ano reclamándoa, se a fixeran non pasaría agora que nada cadran os orzamentos e engadiu axustando as partidas actuais e os desfases en persoal conseguimos 6.000.000 para gasto social e emprego, pero non podemos mover a estrutura que presenta o PSOE, pódese ir axustando en moitísimas partidas máis mas o problema segue aí, é de fondo e por iso non os imos apoiar.
Ourense, 23 de xuño 2014