A incompetencia do goberno provoca reducións nas nóminas das empregadas do Concello

A incompetencia do goberno provoca reducións nas nóminas das empregadas do Concello

O BNG reitera a petición de dimisión da Directora Xeral de Recursos Humanos Dª Carmen Rodríguez Dacosta

A circular que enviou hoxe o Concello de Ourense a todo o seu persoal non deixa lugar a dúbida. Un erro no cálculo do IRPF, de contar só 13 pagas en vez das 14 que lle corresponden, fai que se deba recalcular a porcentaxe do IRPF na nómina de Decembro de cada traballador ou traballadora, aumentando de media entre 6 e 7 puntos, o que pode chegar a supoñer unha redución líquida superior aos 300 euros.

logoBNGA medida pudo resolverse moito antes, pois as 14 pagas do persoal estaban asguradas desde a aprobación dos orzamentos do Estado en decembro de 2012, pero desde o Servizo de Persoal non se deron as instrucións oportunas para facer esa modificación no programa informático que fai os cálculos das nóminas. O resultado é que hoxe, os centos de persoas que traballan no Concello estanse enterando de que na próxima nómina será a incompetencia do equipo de Goberno a que lle aplique un “recorte” na nómina, que posiblemente faga que moitas delas teñan que repensar as posibles compras do Nadal, coa repercusión indirecta no noso comercio local.

O BNG lamenta profundamente esta nova proba da errática traxectoria do servizo de persoal do Concello de Ourense, e exhorta ao Alcalde da cidade a que por unha vez tome unha decisión contundente para tratar de reconducir circunstancias como ésta, que máis alá do cabreo xeralizado que provoca entre todo o persoal do Concello, repercute na economía da cidade.

Ourense

A incompetencia do goberno provoca reducións nas nóminas das empregadas do Concello