Un novo paso para pór en marcha o Plan de Emprego impulsado polo BNG en Ourense
O Bloque Nacionalista Galego presentaba no pleno ordinario de agosto de 2013 unha proposta para a elaboración dunha modificación de crédito por importe de 3 millóns de euros, financiada co remanente de Tesourería, para establecer un Fondo para a Xeración e o Mantemento do Emprego en Ourense, que conceda microcréditos a emprendedores, ao comercio local e a empresas da industria cultural de Ourense.
Desa iniciativa xurdiu a proposta de elaborar, cos partidos políticos do Concello e os principais axentes sociais da cidade unha proposta de Plano de Emprego que tras varias sesións de traballo acadou un alto grao de consenso.
O goberno do PSOE leva varios meses retrasando a presentación e posta en marcha desta iniciativa, en parte por no conseguir un encaixe da mesma na proposta de orzamentos que ven de presentar, incompleta por certo, e en parte pola reforma local impulsada polo Partido Popular que limita en grande medidas as compentencias municipais en diferentes materias, eliminandoa no caso do emprego. De modo que para o avance do Plan de Emprego o Concello de Ourense debe solicitar á Xunta de Galiza os informes pertinentes que permitan desenvolver a proposta no eido municipal.
Para desbloquear a situación o Bloque Nacionalista Galego e o PsdG-PSOE levarán a pleno unha moción conxunta para dar un novo paso necesario para o impulso do Plan, reclamando da Xunta os informes pertinentes e promovendo o compromiso da corporación na aposta polas medidas que nel se recollen.
Xose Somoza, voiceiro do BNG, sinalou que a presentación desta moción é para as nacionalistas manter a nosa aposta inequívoca polas medidas recollidas no Plan de Emprego e acordadas cos axentes sociais, son outros os que agora que lle toca á Xunta dar pasos deciden pórse do lado de fóra en referencia ao Partido Popular que non se mostrou disposto a manter o seu apoio ao Plan de Emprego tal e como viña facendo.
As nacionalistas tamén denuncian a reforma local impulsada polo PP que, en palabras de Xosé Somoza limita a acción municipal e impide dar solucións locais aos problemas das veciñas en relación ás compentencias municipais fixadas na nova lei o voceiro do BNG engadiu como é posíbel que a terceira cidade de Galiza non poda desenvolver medidas en favor do emprego porque o di unha lei estatal? Agora temos que pedir permiso a Madrid e a Compostela para facer políticas municipais, ese é o modelo que impulsa o PP, centralizador e privatizador, queren converter os Concellos en meros xestores dde concesións públicas