Pedimos que se cree unha comisión informativa en relación á Operación Pokemon
O grupo municipal vén de rexistrar unha moción na que solicita que o pleno aprobe a constitución dunha comisión informativa sobre as concesións en Ourense ás empresas que aparecen na Operación Pokemon.
O BNG ten manifestado en numerosas ocasións que as comisións serven no fundamental para ter acceso aos expedientes e non para a investigación de delitos, algo que corresponde a outras instancias, mas neste caso as nacionalistas consideran importante apostar pola máxima transparencia e revisar as condicións das concesións públicas, así como as circunstancias que as rodearon no momento da adxudicación e na actualidade para o control cidadán en palabras de Xosé Somoza, voceiro municipal queremos que se aclaren as dúbidas, que todas coñezamos a situación das concesións públicas, que as veciñas e veciñas da cidade podan acceder aos traballos desta comisión.
O BNG quere que se ofreza toda a información necesaria para resolver as dúbidas que xorden na cidadanía sobre os posíbeis amaños nas concesións dos servizos públicos que, como xa teñen denunciado as nacionalistas, afloran pola privatización dos mesmos.
A desconfianza nas institucións e na clase política, incrementada nos últimos tempos pola apertura de varios procesos xudiciais nos que se investiga a xestión dos asuntos municipais indica Xosé Somoza obríganos a pór en marcha todos los mecanismos ao noso alcalde para aumentar a transparencia, depurar as responsabilidades políticas e erradicar as prácticas fraudulentas.
As nacionalistas levarán a debate esta proposta no próximo pleno, logo de presentar no mes de febreiro unha emenda a unha moción presentada por DO sobre sancións da ORA, na que xa pedían unha comisión específica e que foi rexeitada cos votos en contra de PP e PSOE.
Ourense, 11 de febreiro de 2014