O PSOE utiliza as adscricións provisionais para colocar persoal a dedo

O PSOE utiliza as adscricións provisionais para colocar persoal a dedo

O balance dos 8 anos que leva o PSOE a fronte da concellaría de persoal no Concello de Ourense non pode ser peor. Comenzaron o mandato prometendo solucionar o caos que herdaron da época do PP pero deseguida asumiron as mesmas mañas, a saber, a colocación a dedo.

Podemos dicir que máis de 100 postos –12% do persoal municipal- están cubertos mediante comisións de servizo ou adscricións provisionais onde non se ten en conta nin os méritos nin a capacidade en condicións de igualdade. Este xeito de actuar xera desmotivación nas traballadoras-es que saben que os ascensos dependen só de decisións políticas e, por outra banda, as beneficiadas-os non exercen o seu labor con independencia dado que atenden, prioritariamente, a directrices políticas.

IMG_3245

É tal o desastre que existe en materia de persoal que moitos servizos están sobredimensionados e outros sobrecargados de traballo. Segundo explicaba a concelleira Susana García hoxe están desmantelados o servizo eléctrico, o viveiro municipal, a xestión das multas e urbanismo, onde hai veciñas e veciños esperando por unha licenza de obra menor dende hai meses.

No ano 2012 o goberno municipal pagóulle a unha consultora 21.000 € por facer un estudo que avaliara a situación do persoal. O resultado foi o mesmo que lles viñan dicindo os sindicatos e o mesmo que criticaba o BNG, primeiro dende o goberno e logo dende a oposición. O PSOE non resolveu daquela e seguiu na mesma liña, a pesares das sentenzas xudiciais que obrigaron, por exemplo, a converter en persoal indefinido ás persoas contratadas mediante asistencias técnicas. Neste asunto, a deslealdade do PSOE foi especialmente grave dado que tentou implicar ao BNG en contratacións que eles fixeran.

A incompetencia do goberno municipal chega ao punto no que incluso nos casos nos que as contratacións feitas estaban xustificadas foi o propio xuíz quen, na sentenza, lles indicaba cómo tiñan que tela feito para cumprir coa legalidade vixente. Aí están os casos do persoal para a Casa da Mocidade ou o profesor de violín da escola de música.

Apuntaba Susana García que no BNG sempre tivemos clara a solución a todos estes problemas e que pasa pola elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo, sacar os postos vacantes a concurso e motivar ao persoal cunha promoción interna.

O PSOE utiliza as adscricións provisionais para colocar persoal a dedo