Queremos que as veciñas e veciños debatan sobre o modelo de xestión da Praza de Abastos de A Ponte
O BNG presentou hoxe unha campaña de información sobre a súa proposta de xestión para a Praza de Abastos de A Ponte. Con esta iniciativa as-os nacionalistas queren que as veciñas e veciños do barrio opinen sobre o modelo de mercado que se instalará no edificio rehabilitado.
No pleno do mes de xuño, o Partido Popular e o PSOE tumbaron a inciativa do grupo nacionalista que, a través dunha moción, propoñía que o Concello xestionara directamente a praza ou ben se impulsara a creación dunha cooperativa ou asociación de comerciantes e pequenos produtores que se fixeran cargo dos postos. Nin tan xiquera se debateu a proposta, ámbolos dous grupos se aliaron para retirala da orde do día. Mais o BNG insiste, non se pode permitir que logo dun investimento de 2 millóns de euros unha grande empresa se faga cargo da xestión para ocupar este espazo cun gran supermercado; sobran en Ourense grandes superficies e faltan iniciativas que lle dean a xente oportunidades para a instalación de pequenos negocios e onde a cidadanía poida comprar produtos frescos e de calidade.
En todo caso, o BNG quer que se traslade o debate as veciñas e veciños de A Ponte, que se celebre unha asamblea aberta para partillar opinións e acordar cal é o modelo que máis lle interesa ao barrio.
Neste senso, a campaña que iniciamos hoxe levará, a través dun díptico, información porta a porta a todas a cidadanía de A Ponte.