Levamos ao pleno as reivindicación de O Pino, o dereito de Galiza a decidir, xestión dos mupis
O BNG non aproba a ordenanza reguladora de servizo no fogar, que se modifica para adaptala a normativa da Xunta, rebaixan as horas de prestación e suben as taxas. A partir de agora pagan as-os dependentes que cobren pensións dende 426 -antes dende 532 -.
Neste punto, o grupo nacionalista fala de voto subversivo e insumiso porque non concordamos cos recortes da autonomía aos concellos nin que recaia sobre as persoas a nefasta xestión do PP. Seguimos defendendo tamén o rescate do servizo, máis barato para as arcas municipais.
O PSOE danos a razón e o PP di que estamos dando un mitin e que o que pretende o goberno galego é redistribuir os servizos públicos para chegar as persoas con menos recursos. Os datos desmontan a súa argumentación.
Apróbase por unanimidade a modificación dos límites entre os termos municipais de Ourense e Barbadás.
O PP plantea unha proposta para constituír un grupo de traballo elaborar un Plan Municipal de Conciliación da Vida Familiar e Laboral. Resultou fácil desmontar esta iniciativa cando Ourense xa ten un Plan de Equidade no que se recolle a conciliación -o problema é polo en marcha e executalo- e cando o PP leva desmontando todas as iniciativas encamiñadas a favorecer á muller en temas de conciliación, a saber:
-Paralizaron o Plan de Emprego Feminino do 2007
-Acabaron co programa Preescolar na Casa
-Nunca puxeron en marcha o Programa Canguros para o coidado de menores de 3 anos
-Non aumentaron nin unha soa praza os comedores escolares
-Reduciron nun 50% as axudas a menores de 3 anos
-Reduciron as axudas destinadas á protección da muller
Por estas e outras razóns, non aprobamos a moción do PP que so falou de ter os nenos metidos en instalación facendo actividades e pondo o grito no ceo porque se gastaron 1.000 na publicación dun libro que fala sobre o clítoris.
A primeira moción nacionalista que se debateu foi a que pedía que no Consello Municipal da Cultura se debatera e consensuara a elaboración do programa das festas de Ourense, incluíndo a escolla da pregoeira. O BNG criticou un programa feito para satisfacer ansias persoais e partidistas feito de costas ao pobo. Pedimos que un orzamento de 300.000 se consensúe.
A concelleira de Cultura dixo que as actividades foran moi variadas e que a elección de Elena Espinosa como pregoeira se debeu aos seus méritos como ministra que trouxo a Ourense melloras no saneamento e abastecemento, a pasarela de Oira e o complexo de Montealegre.
Non houbo sorpresa nos apoios á moción do BNG para que se inicie un proceso constituínte onde as nacións sexan o referente político para garantir o dereito de autodeterminación dos pobos e para que no rueiro se homenaxee a proclamación da I República Galega que tivo lugar o 27 de xuño de 1931.
O PSOE declaróuse republicano e propuxo adicar unha rúa de Ourense á República Española.
Ningún grupo apoiou a proposta do PP para elaborar un Plan Municipal de Prevención e defensa contra os Incendios Forestais. O BNG criticou que se rebaixara o orzamento da Xunta e que o convenio se lle enviara ao Concello o 26 de xuño. Preguntámonos cómo se pode a estas alturas da tempada por en marcha as brigadas, formar ao persoal e coordinalas con outros concellos.
Tamén puxemos o acento na falta de contundencia do goberno municipal á hora de esixirlle á empresa de limpeza o desbroce de camiños e perímetros rurais.
Con parte da emenda do PP, aprobase a nosa moción para que se paralice o procedemento de contratación da explotación publicitaria do mobiliario urbano e que o Concello asuma a súa xestión.
Defendemos, máis unha vez, a xestión pública dos mupis como mecanismo de difusión das actividades das concellarías e tamén para polos ao servizo de colectivos e entidades da cidade que organizan diferentes actividades.
Trasladamos ao pleno as reivindicacións da AVV da parrqouia Santa Ana de O pino. Falta de limpeza, de contedenores, problemas de tráfico, mellora do transporte público, recuperación e limpeza de camiños e problemas ocasionados polas obras do AVE.
O PP presenta unha emenda para que as concellarías consensúen un plan de actuacións para resolver os problemas que plantean todas as AVV.
O BNG non acepta a emenda porque neste pleno estamos a falar dun barrio concreto e non estamos a facer campaña como insinua o PP.
Rexéitase a emenda do PP e apróbase a moción cos votos do PSOE.