O BNG lémbralle ao alcalde que se negou a asumir o repago sanitario en Ourense no pleno de novembro

O BNG lémbralle ao alcalde que se negou a asumir o repago sanitario en Ourense no pleno de novembro

Ante a moción que presenta o grupo de goberno sobre o grave deterioro da sanidade para o pleno de decembro o grupo municipal do BNG lémbralle ao Alcalde que no pasado pleno foi o BNG quen presentou unha moción en defensa da cirurxía pediátrica en Ourense e outra para que o Concello asumise os gastos dos medicamentos das veciñas doentes crónicas non hospitalizadas no 10% que agora teñen que pagar, e que foron o Alcalde e o PSOE quenes se negaron a implicar recursos do Concello na defensa da sanidade.

O BNG LÉMBRALLE AO ALCALDE QUE NON ACEPTOU SUBVENCIONAR O 10% DOS GASTOS DOS MEDICAMENTOS D@S VECIÑ@S DOENTES CRÓNICOS NON HOSPITALIZADOS

As nacionalistas sinalan que 'non se pode ser o campión de defensa da sanidade cando se renuncia a pór medios propios para combater os recortes como fixo o Alcalde no pasado pleno cando non apoiou a proposta do BNG de sumarse ao Espíritu de Riotorto asumindo o pago dese 10% do repago que agora teñen que pagar as doentes e do que fala o PsdG na moción' en palabras da concelleira Ximena González que engade 'cousa que si fixeron moitos Concellos do país, comprometidos coa defensa da sanidade e con políticas reais que axuden á xente. Facer declaracións e falar é ben fácil, mas cando tivo ocasión de facer algo concreto dende o Concello optou por non facelo'.

sanidadeO BNG presentará varias emedas ao texto que propón o PsdG que condicionarán o apoio das nacionalistas ao mesmo. Emendas encamiñadas a reclamar que o finanzamento da ampliación do CHUOU sexa íntegramente a través de recursos públicos garantindo así a xestión pública dos recursos e impedindo a privatización de servizos básicos ou da asistencia sanitaria, unha emenda para explicitar que o a demanda sobre a cirurxía pediátrica é para que esta funcione as 24 horas do día durante os 365 días do ano,.

O BNG tamén proporá engadir ao texto que se presenta unha referencia á situación das matronas de atención primaria en Ourense, cuestión que foi levado a pleno polas nacionalistas para instar á Xunta a que se garanta o servizo actual cubrindo as baixas e vacacións das traballadoras e que segue na mesma situación, meses despóis, con 4 profesionais asumindo un traballo e un servizo que se ven desbordados polo número de mulleres que o solicitan e que non consigue prestar atención a todas elas.

As nacionalistas condicionan a aceptación destas emendas para o seu apoio a un texto que cuestionan por que 'non entendemos que pretende o PSOE, se quere unha declaración o normal é pedir achegas antes, traballar o texto cos axentes sociais, cos grupos políticos, se quere unha moción non vai ser conxunta senón emendada, mas como en todo fan as cousas improvisando e así lles vai' di Ximena González.

[ Emenda Sanidade_PSOE 13-12-13 ]

Ourense, 12 de decembro de 2013

O BNG lémbralle ao alcalde que se negou a asumir o repago sanitario en Ourense no pleno de novembro