Actos contra o patrimonio da cidade
A concellaría de Cultura manifesta o seu rexeitamento ao acto bandálico sufrido pola estatua de Otero Pedrayo da Praza do Correxidor a pasada madrugada. En palabras da concelleira, Isabel Pérez, este é un atentado intolerábel contra o patrimonio municipal. Isabel Pérez, que falou esta mañá co autor da obra, Manuel Buciños, destacou que non se pode menospreciar desta forma o noso patrimonio, sobre todo cando falamos de persoas que, coma Otero Pedrayo, representan a historia de tódolos ourensáns, sendo D. Ramón, unha figura senlleira da nosa cultura que representa a todos os que fixeron posibel o que agora somos. Asemade, a concellaría solicita a colaboración da cidadania na defensa do patrimonio común da cidade para evitar atentados coma iste que representan ademais un desprezo e unha afrenta a todos os ourensáns.
A escultura do histórico persoaxe ourensán, inicialmente estivo emprazada na Alameda do Concello, ata que foi trasladada á Praza do Correxidor, tras a última remodelación. A estatua que ten unha valoración patrimonial aproximada duns 60.000 , está gardada en dependencias municipais.
Ourense, 26 de maio de 2012.