O deporte como unha práctica saudabel e de convivencia
O Consello Municipal de Deportes de Ourense vén de colaborar coa Asociación de Veciños da Chavasqueira na organización do primeiro Día do Deporte, o vindeiro luns 18 de xuño. Dous campionatos, futbol sala e hockei, enfrontarán a distintos equipos de base dos barrios da cidade nunha celebración deportiva que inaugura a Semana Cultural da Chavasqueira. Os torneos, organizados co apoio da Concellaría de Deportes a través do CMD, foron presentados esta mañá polo edil do BNG Fernando Varela, quen felicitou á A.VV Chavasqueira pola iniciativa que contribúe ao noso obxectivo de seguir achegando o deporte á cidadanía. Estivo acompañado por representantes do propio colectivo veciñal.
As actividades previstas para o Día do Deporte da Chavasqueira celebraránse nas propias instalacións deportivas do barrio en horario de tarde, a partir das 16.00. Trátase de dous campeonatos de disciplinas moi populares en Ourense, futbol sala e hockei, que se caracterizan por contar con equipos de base, algúns verdadeiros referentes na cidade e cun importante rol de dinamización veciñal. Os torneos contan coa participación prevista de CD Velle, CD Arranxar, A.VV Chavasqueira, AVV. Velle, CH Barrocás, CH Cidade de Barrocás, CH Cudeiro e CH Albor. Trátase, tal e como explicaba hoxe o presidente da asociación veciñal, Amancio Rodríguez dunha competición que tende lazos entre os diferentes colectivos veciñais da cidade Pola súa banda, o edil de Deportes, Fernando Varela, apladiu unha esta iniciativa de dinamización veciñal que inicia a programación deportiva do mes das Festas de Ourense.
Para o concelleiro actividades deste tipo reinvindican o deporte para todos e todas, o deporte como unha práctica saudabel e de convivencia, en liña cos obxectivos nos que leva anos traballando este departamento municipal.