As instalacións de Oira reconvírtense en recinto deportivo
A concelleira de Cultura, Isabel Pérez e o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, asistiron á apertura das piscinas do complexo polideportivo de Oira
A concelleira de Cultura e tenente de alcalde Isabel Pérez, e o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, asistiron esta mañá a apertura estacional das piscinas do complexo polideportivo de Oira, que abre as súas portas o público en xeral o vindeiro 2 de xuño.
Logo dun amplo proxecto de transformación e reforma, as instalacións de Oira, reconvírtense nun recinto deportivo que amplía os seus servizos e mellora a calidade das súas instalacións. A zona de baño abrirá este sábado, 2 de xuño, ó público xeral, reconvertida nun recinto de ocio, con dous vasos para o baño, vestiarios, zona de descanso e solarium e servicios de hostelería.
A apertura da zona de baño ao público implicou tareefas de acondicionamente de todo o controno da zona e ao repintado da sinalización horizontal, no que se inclúen a mellora na sinaléctica de 5 pasos de peóns, as paradas de autobús próximas ó complexo, as liñas de separación dos carrís e as frechas de dirección, así como a zona de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e motos. A actuación complétase coa reposición de dúas sinais verticais indicativas de pasos de peóns.
O novo complexo deportivo, supón unha aposta pola rendabilización dun espazo que sufrira durante moios anos un continuo abandono. A diversificación de servizos e ampliación do periodo de funcionamento, aberto ao longo de todo o ano. O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, insistiu na importancia de pór a disposición dos ourensáns a posibilidade de practicar deporte nun entorno axeitado e de calidade para fomentar a práctica deportiva.
Esta vontade de facilitar o acceso á práctica deportiva ten sido constante na xestión do Goberno Municipal na xestión da área de deportes e foise concretando na posta en marcha de novas infraestructuras deportivas, desenvolvendo novos espacios ou mellorando os existentes: novo polideportivo de Oira, piscina e pistas exteriores dos Remedios, campo de fútbol de Santa Cruz de Arrabaldo, entre outras.
APERTURA DAS PISCINAS PUBLICAS DE OIRA E EXTERIOR DOS REMEDIOS
Desde o vindeiro luns día 4 de xuño, reábrense as piscinas públicas de Oira, que funcionarán de 11 a 21 horas. Estas piscinas póderanse disfrutar de balde desde ese día ata mediados de setembro, en función da climatoloxía. A piscina exterior do Pavillón dos Remedios abrirá tamén na mesma data (4 de xuño), con horario de 11 a 21 horas, de luns a sábados. Durante o mes de xullo e agosto, os domingos e festivos estará pechada, e no mes de xuño e setembro abrirá de 10 ás 12.45 horas. Esta instalación está reservada a abonados do Consello Municipal de Deportes.
A piscina exterior do Pavillón dos Remedios abrirá tamén na mesma data (4 de xuño), con horario de 11 a 21 horas, de luns a sábados. Durante o mes de xullo e agosto, os domingos e festivos estará pechada, e no mes de xuño e setembro abrirá de 10 ás 13.45 horas. Esta instalación está reservada a abonados do Consello Municipal de Deportes.
Ourense, 31 de maio de 2012.