A Concellaría de Xuventude oferta máis de cen prazas para actividades de verán
Marta Arribas presenta o programa Embárcate 2012 cun orzamento acorde co contexto actual pero mantendo o número de actividades e a calidade de anteriores edicións
Desde hoxe xa esta aberta a inscrición nas actividades de lecer e natureza para o meses de verán que a Concellaría de Xuventude propón nunha nova edición do seu programa Embárcate!. Xa por cuarto ano consecutivo o departamento que dirixe a edil do BNG Marta Arribas vén de presentar esta propostas que aspiran a ser unha alternativa de ocio estival asequíbel á nosa mocidade promovendo valores como o coñecemento e respecto ao noso medio natural, a convivencia e a práctica do deporte. Para estes meses de verán a proposta consta de 5 actividades que suman un total de 125 prazas, incorporando como novidade unha actividade dirixida a rapaces de entre 15 e 18 anos, un campamento de 3 días adicados á activdades náuticas en Castrelo de Miño baixo o título Polo Rio Abaixo.
A presentación do Embárcate 2012 tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos do Concello, onde a concelleira de Xuventude desglosou unha iniciativa que moitos mozos e mozas estaban xa esperando e demandando. En pasadas edición as actividades do Embárcate cubriron sempre a totalidade de prazas ofertadas polo que sabíamos que era importante traballar para manter o número de prazas que tradicionalmente vimos ofertando. Efectivamente, o Embárcate iguala este ano en volume de participantes á edición do pasado ano, pero cun orzamento máis reducido, acorde co actual contexto económico. Nun esforzo de rediseño explicaba Marta Arribas - fumos quen de reducir o orzamento do programa nun 17% pero mantendo número de actividades, prazas e, sobre todo, calidade na oferta. En termos xerais, este aforro supón xa un 5% de redución no orzamento xeral deste departamento.
No relativo a programación, as actividades do Embárcate desenvolveránse ao longo dos meses de xullo e vran con diferentes propostas de fin de semana para rapaces e rapazas de entre 18 e 35 anos (exceptuando a adicada á menores de 18). Comprenden dúas escapadas as Ilas Cíes con bautismo naúticos e observación de especies mariñas, unha excursión multiaventura á serra do Xurés e deportes naúticos en Castrelo de Miño. Os máis cativos, pola súa banda, poderán tamén desfrutar dese mar de Ourense con actividades de kaiak, windsurf, vela e esquí naútico. Os prezos de todas as actividades oscilan entre 40 e 50 e comprenden aloxamento, transporte e pensión completa.
O prazo de inscrición xa está aberto. Tal e como apunataba hoxe a Concelleira por desgraza as prazas son limitadas e todos os anos cubrense enseguida polo que convidou a todas aquelas persoas interesadas a dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Praza de San Martiño. As inscricións tamén poden realizarse a través do correo electrónico [email protected]
Ourense, 30 de maio de 2012.