Miguel Anxo Fernán Vello gaña o XXVIII Premio de Poesía Cidade de Ourense
Miguel Anxo Fernán Vello, resultou gañador do Premio de Poesía Cidade de Ourense. Así o decidiu este serán, o xurado nomeado para o premio, que xa alcalza a súa vinte e oito edición. O xurado valorou especialmente na obra premiada que é un libro de poemas de longo alento que mantén a tensión poética de principio á fin sen decaer en ningún momento. De grande unidade temática estilística, con imaxes reveladoras e brillantes, de grande perfección rítmica. Ofrece unha lectura transversal na que os poemas se vinculan ao momento histórico que vivimos.
O xurado estivo composto da seguinte maneira: Fernando de Castro Blanco como representantes do Grémio Literário-Vilarense, Dona Teresa Devesa, profesora de lingua e literatura galega, Don Francisco X. Fernández Naval e Don Xavier Rodríguez Barrio como gañador da edición anterior e actuando como secretaria a técnica de Normalización lingüística do Concello de Ourense Mónica Fernández Valencia sendo a Presidenta do Xurado a Concelleira de Cultura, Festas e Festival de Cine, Auditorio e Normalización Lingüística, Dona Isabel Pérez González (sen voz nin voto).
Ourense, 15 de xuño de 2012.