O Museo Municipal afonda no Ourense dos anos 60, 70 e 80
Respostando a ese proxecto museístico que concibe o Museo Municipal de Ourense como museo de todos os ourensáns a Concellaría de Cultura pon en marcha unha nova exposición que dirixe a mirada á historia da cidade e os seus habitantes. Miscelánea, do artista ourensán José Carlos Vázquez Basalo, é unha colección de 20 lenzos nos que o pintor evoca o Ourense dos anos 60, 70 e 80, as súas personaxes e espazos da sociedade e do lecer. Un percorrido por instantáneas que reproducen espazos emblemáticos como a desaparecida sala de festas Auria, na rúa do Paseo, ou lembran os pioneiros da música pop local, coma Os Murciélagos ou Os Ben Posta.
A colección Miscelánea que se expón desde hoxe na SALA I do Museo Municipal amosa escenas en interiores que emanan ourensanismo, e escenas ao aire libre, como xogos tradicionais. O denominador común e a luz e a cor que dominan as composicións figurativas, construindo unhas imaxes que, apuntaba hoxe a Concelleira de Cultura, Isabel Pérez transmiten un intenso sentimento de optimismo, que, pola súa temática ourensá, convirtense en fe no nosos futuro como cidade e cidadáns.
Vázquez Basalo, mestre, decorador e artista, forma parte do Museo da cidade desde os anos oitanta, coa obra Abside de Santa María Nai, número de inventario 261. A súa proposta artística no Museo enmárcase porén nese esforzo apuntaba Isabel Pérez que desde hai 6 anos facemos por facer dos fondos do Museo os auténticos protagonistas, ao tempo que reinvindica a faciana máis creativa e artística da cidade e contribúen a súa consolidación cultural.
Ourense, 13 de xuño de 2012.