A MITEU amosa a súa faciana máis solidaria coa Gala Festiclown Palestina
Do 13 ao 28 de abril Ourense volve convertirse na capital do teatro da man dunha nova edición da MITEU, a mostra escénica universitaria que cumpre xa 17 anos. Un dos pratos fortes desta nova edición, que conta unha vez máis co apoio destacado da Concellaría de Cultura, será a Gala Festiclown Palestina. O espectáculo conmemora o proxecto que Pallasos en Rebeldía desenvolveu en 2011 en territorio palestino, levando o humor e a risa a máis de 10.000 persoas e contará coa presenza de dous dos mellores clowns internacionais hoxe, Leo Bassi e Johnny Melville. A cita é o luns 16 ás 20.30 e o prezo da entrada é 5. Seguindo o compromiso solidario que inspira a iniciativa, toda a recadación destinaráse as accións de Pallasos en Rebeldía en Palestina.
A gala foi presentada no Auditorio Municipal pola Tenente Alcalde e Concelleira de Cultura, Isabel Pérez, quen estivo acompañada polo representante de Pallasos en Rebeldía, Nacho Fungairiño, e Sabela Gago, de Sarabela Teatro, organizadores da MITEU. Na súa intervención a resposábel de Cultura destacou o compromiso solidario que impregna este ano a nova edición da MITEU e defendeu a importancia dun evento, a MITEU que convirte a Ourense un ano máis en centro de creación artística. Pola súa banda, o voceiro de Pallasos en Rebeldía, agradeceu ás institucións colaboradoras e á propia organización a oportunidade de trasladar a Ourense a que foi a primeira gala clown celebrada no mundo árabe, que permitiu a esta ONG levar a risa a máis de dez mil persoas en colexios, hospitais, auditorios, etc. O obxectivo, explicou Fungairiño, é repetir a iniciativa cunha nova caravana da risa en 2012.
A Gala Festiclown Palestina, conducida por Xose Lois o Carrabouxo, contará coa presenza dos artistas que estiveron actuando nos territorios ocupados: Leo Bassi, Johny Melville, o Mago Teto e Sue Moreno subiránse ao escenario acompañados pola música dos Sonoro Maxín. Como complemento, proxectaránse dous documentais rodados na propia Palestina. Todos os artistas participante o renunciaron o seu caché a favor de recadar fondos para unha segunda experiencia solidaria.
Máis información en www.miteu.es
Ourense, 14 de abril de 2012.