Nova área de Rehabilitación Integral: Serra San Mamede Cruceiro Quebrado e Inmaculada
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión ordinaria deste xoves o proxecto da concellaría de Vivenda e Rehabilitación Urbana de Memoria para a declaración dunha nova área de rehabilitación integral (ARI) que comprende os barrios de Serra San Mamede Cruceiro Quebrado e Inmaculada.
Este documento técnico serve para dar cumplimento ó establecido no vixente Plan de Vivenda e Rehabilitación respecto dos trámites para obter dita declaración por parte da administración autonómica, que é a competente para elo. O documento contén un estudo poboacional dos barrios, unha análise dos edificios e edificacións tanto no referente as deficiencias que se pretenden solventar nas actuacións de rehabilitación coma as posibles solucións, un diagnóstico da situación actual, rematando coas liñas fundamentais das actuacións a desenrolaren, os instrumentos de xestión para elo e o xeito de financiación das actuacións.
Segundo os datos contidos na memoria, o número de inmobles incluidos no ámbito territorial do futuro ARI é de 422 cun total de 2.002 vivendas. De todos eles, o documento considera de actuación prioritaria 123 inmobles e 511 vivendas. Tamén recolle a memoria as propostas en materia de urbanización e reurbanización, destacando a conversión da estación de ff. cc. de San Francisco e o seu entorno ferroviario nun ecocorredor, compatible coa circulación dun tranvía urbán ou metro lixeiro; a reurbanización dos diferentes barrios e a habilitación dun carril bici no Camiño dos Arrieiros. Nestas obras o concello participará aportando un 60 % do orzamento de ditas obras.
O documento aprobado tivo que ser obxecto de correccións e melloras indicadas pola administración autonómica. Isto e a perda da vixencia do PXOM de 2003, que obrigou de novo a introducir modificacións no mesmo, retrasaron a súa tramitación ata iste intre.
Tras a aprobación do proxecto de memoria pola Xunta de Goberno Local, o expediente será sometido ó Pleno da corporación para a súa probación inicial, abríndose a continuación un período de información pública. Unha vez rematado iste, procederá a aprobación definitiva polo mesmo órgano e a súa remisión á Xunta de Galicia para que ista proceda a declara-la ARI.
Ourense, 28 de xuño de 2012.