O deporte como dereito social
No programa electoral do BNG definíase o deporte como dereito social. Igualmente comprometíamonos a continuar o reforzamento dos principios de redistribución de recursos, concurrencia competitiva na asignación de subvencións e fomento do deporte base e feminino.
As tendencias dos últimos anos confirman que esta política vai en bo camiño. A maior dotación económica destinada as liñas competitivas está a dar resultado: as licenzas base e femininas increméntanse sustentablemente, o que demostra un maior interese das entidades deportivas por estas vías de actuación.
Así mismo avánzase no cumprimento de redistribución de recursos, aumentando as dotacións en vía de concurrencia e reducindo as nominativas de adxudicación directa. En 2007 a proporción destinada a concurrencia representaba un 14% e no 2012 chega ao 28%.
A Concellaría de Deportes ten avanzado, en reiteradas ocasións, a decisión de suprimir as subvencións nominativas no exercicio 2013, para culminar a estratexia de redistribución.
Temos que resaltar, igualmente a incorporación das Bolsas a deportistas individuais no 2010 e para o 2013 instaurarase unha nova liña de subvencións co obxectivo de financiar proxectos pedagóxicos deportivos. Pecharíase deste xeito un marco estable de apoio ao tecido deportivo.
Ourense 12 de xullo de 2012.