Presentado o V Campionato de Futbolín Cidade de Ourense
Celebrarase o vindeiro 23 de xuño nos xardíns do Padre Feijoo a partir das 11.00 h
Este martes tivo lugar a presentación dunha nova edición do Campionato de Futbolín Cidade de Ourense. Foi nos Xardíns do Padre Feijoo, no mesmo espazo onde se celebrará o torneo, que será o vindeiro sábado día 23 de xuño a partir das 11.00 h. Ao remate, continuará a festa cun concerto na Praza do Correxidor.
Este campionato, que xa vai pola súa quinta edición, está organizado pola Asociación Cultural Auriense, e conta coa colaboración da concellaría de Deportes, Cultura e da Asociación Xuvenil Amencer. Na presentación estiveron presentes, os edís nacionalistas, Fernando Varela e Isabel Pérez, así como Daviz Paz, en representación da Asociación Auriense. Isabel Pérez, explicou que a colaboración supón un paso máis no fomento da actividade lúdica e festiva, que este mes ten o seu punto álxido coas festas ademáis, éstas actividades fan que Ourense sexa unha cidade de cultura, facendo homenaxe á súa historia, sobre todo cando estamos a falar dun dos inventos galegos que deu a volta ao mundo.
Pola súa banda, David Paz, explicou os pormenores do campionato, que terá un máximo de 50 parellas, e máis de 1.000 en premios. A partir de hoxe comeza o periodo de inscrición, cun prezo de 20 por parella participante.
A entrega de premios celebrarase na Praza do Correxidor, coincidindo cos concertos que terán lugar a partir das 23.30 h. Os grupos que actuarán son Ruxe Ruxe, La Kinky Beat e Hora Meiga.
Ourense, 12 de xuño de 2012.