O PP fala de eliminar os investimentos na cidade nunha Xunta de Área
O BNG manifesta o seu compromiso coa necesidade de incrementar os investimentos públicos e sociais para saír da crise e non continuar na liña das políticas do Partido Popular de aumentar os recortes económicos e sociais para reducir o déficit chegando á defensa inxustificábel de eliminar por completo o investimento no Concello de Ourense como manifestou hoxe na Xunta de área de Facenda o concelleiro do partido popular Aurelio Gómez Villar.
Dende o BNG defendemos que fronte á política de recortes praticada polo PP dende a súa chegada aos gobernos central e da Xunta só cabe unha política de investimentos públicos a través das institucións que permitan unha saída social á situación de emerxencia que vivimos orixinada pou un sistema económico que prima os intereses económicos sobre os das persoas. Nesta liña traballamos e traballaremos dende o Grupo Municipal do BNG de Ourense.
Ourense, decembro de 2012