O BNG pregunta polo cumplimento da ordenanza de veladores
A actual ordenanza de veladores do Concello de Ourense que regula a ocupación do espazo público polas 'terrazas' di que o número de mesas, cadeiras ou veladores, así como o lugar de emprazamento , non poden exceder a superficie que ocupan do 50% do ancho da beirarrúa... calquer habitante desta cidade sabe que esta ordenanza se incumple sistemática e repetidamente nas rúas de Ourense.
O espazo público, a rúa, fica secuestrada polas cadeiras e as mesas, impedindo o paso dos peóns que temos que sortear os obstáculos que son as terrazas nas rúas da zona histórica por exemplo, para poder percorrelas... impiden o paso de veículos, co perigo de que teñan que pasar veiculos de emerxencia e non podan facelo... impiden, en definitiva, o uso do espazo público, o disfrute das rúas como espazos de relación na cidade... e incumplen a ordenanza... Posto que as que teña tomado ata o de agora non tiveron ningún resultado, que medidas vai tomar o goberno para evitar que continúe esta situación?
*Texto da Pregunta Completa
Ourense, decembro de 2012