Noa Presas “O BNG vai dar un salto nas municipais do próximo 28M e cada voto ao BNG vai valer dobre, para mellorar a vida da veciñanza de Coles, Amoeiro ou A Peroxa e para desaloxar ao PP da deputación de Ourense “
Laura de Matos “Promoveremos unha ordenación territorial xusta para A Peroxa para que as terras e os montes estean sempre cultivadas e producindo beneficios para todas as persoas, agricultoras, gandeiras, viticultoras, madeireiras e propietarias dos terreos.”
Raquel Vázquez candidata á alcaldía de Coles “este ano imos acadar un resultado que vai permitir que o nacionalismo teña novamente voz neste concello, co esforzo colectivo da candidatura, un conxunto de persoas que defenden os intereses e os servizos públicos.”
Eri "Amoeiro merece un centro día para @s maiores, unha gardería para os cativos, un transporte público eficiente, un plan cultural e deportivo anual ,traballo digno e un medio ambiente coidado."