Novas
O BNG pide información clara e campañas de concienciación sobre as agresións sexuais con submisión química
13/dec./2021
Diante do anuncio do novo protocolo do CHUO, “calquera intento de mellorar a atención é benvido, pero é necesario que se acompañe de información clara sobre a situación e campañas dirixidas tanto a potenciais agresores como vítimas”
O BNG pide tamén garantir formación para as e os profesionais, seguimento e avaliación do protocolo e que se poida analizar en Ourense calquera substancia das empregadas para este tipo de agresións