O BNG esixe que o alcalde de Celanova faga público o informe arqueolóxico do proxecto de polígono eólico no Monte da Neve
As nacionalistas denuncian que, malia o acordo plenario alcanzado por unanimidade en abril para que o Concello ofrecese información á veciñanza, o alcalde aínda non deu a coñecer sequera as súas propias alegacións contra o proxecto.
“A cidadanía é consciente de que Galiza non pode ser simplemente un lugar onde se espolien recursos para engordar a conta de resultados das grandes compañías eléctricas”, resumiu o deputado Iago Tabarés.
As nacionalistas continuarán nas próximas semanas a campaña informativa iniciada hoxe por outras localidades da comarca.