comarca
Novas
Avelino Fernández, Roberto Quiroga, Bernardo Varela, María Albert, Secundino Fernández, Manuel Agra

O BNG demanda a mellora das infraestruturas viarias da comarca de Valdeorras

María Albert  “o BNG ven demostrando o compromiso coas comunicacións da comarca de Valdeorras  independentemente de quen gobernarse nas diferentes administracións, as cales se esquecen  da comarca de Valdeorras”

Secundino Fernández “cos acordos que acadamos o BNG no Parlamento galego conseguimos que se comecen a por prazos para abordar a reforma da OU-533 , uns acordos aos que estaremos moi vixiantes ”

Bernardo Varela “O illamento nas comunicacións ten sido un lastre importante no despegue económico e social das terras de Valdeorras,  xa que boa parte dos motores económicos dependen en boa medida  da capacidade de desprazamento  viario de mercadorías e bens de consumo”

Ler novas
Novas

O BNG anuncia unha batería de iniciativas a todos os niveis institucionais para reclamar melloras no servizo de transporte público por estrada na comarca de Ourense

Desde a formación nacionalista propoñen unha nova ordenación de liñas que conecte os concellos de arredor de Ourense coa cidade e que dea prioridade tamén á conexión cos polígonos industriais, co Campus e coa estación de tren así como retomar e revisar o borrador do Plan metropolitano, que foi remitido xa no ano 2015, e incluír concellos que estaban excluídos sen razón algunha por parte da Xunta

Ler novas
Novas
DSC_9539

O BNG demanda a implantación dun servizo de transporte comarcal que permita mellorar a mobilidade entre a cidade de Ourense e os Concellos da súa área de influencia

Pidenlle á Xunta que retome o Plan comarcal pero ampliado a un total de trece Concellos

Ademais de mellorar a mobilidade das centos de persoas que residen nos concellos da contorna da cidade pero que cada día se desprazan á capital, no BNG afirman que contribuiría a diminuir significativamente o fluxo de vehículos que cada día penetran nas rúas de Ourense

Ler novas