despilfarro
Novas

O BNG congratúlase de que a oposición “abortara” a enésima cacicada de Jácome

A formación nacionalista denuncia que unha vez máis, o Goberno Local emprega o troceamento de contratos para dilapidar cartos públicos evitando o concurso público e a concorrencia

Os de Luís Seara denuncian que á reunión do Consello Reitor deste xoves van tres facturas relativas ao mesmo concepto, a emisión dunha revista sobre o deporte no concello que nin tan sequera foi encargada e xestionada polo Consello Municipal de Deportes e cuxo importe sen trocear ascende a 59.375,01 euros

Ler novas
Novas

O BNG denuncia que cada festa - mitin de precampaña de Jácome cústalle aos ourensáns e ourensás 10.000 euros

Está cuestión que podería ser un feito extraordinario, estase a converter nunha práctica habitual por parte do alcalde, grazas á cal, a cambio de subvencionar a un particular, que se adica a facer negocio coas festas, fai de pregoeiro subindo ao palco para soltar un mitin

Para a formación nacionalista, este modo antiético de facer política e de dilapidar diñeiro público, evidencia o que o BNG ven denunciando desde o inicio do mandato, que Jácome e os seus secuaces, non veñen a servir ás veciñas e veciños, se non a servirse da política

Ler novas
Novas

O BNG considera aberrante que “en plena crise económica e social” o Concello de Ourense pretenda gastar preto de 92.000 euros na carpa instalada na Praza Maior

Da análise realizada polo Grupo municipal do BNG do expediente de contratación, despréndese que este ascende a 18.388,50 euros mensuais polo que de cumprirse as previsións anunciadas en Xunta de Área deste martes de mantela até marzo de 2023, o gasto total será de 91.942,50 euros

Rhut Reza, “arrepía a lixeireza coa que o Goberno Local dilapida cartos públicos”

Ler novas