O BNG instará ao Concello de Ourense a adherirse á ILP “Regularización xa” e á adopción de medidas a prol dunha mellor atención administrativa das persoas migrantes
O Grupo municipal do BNG tamén pedirá que o Goberno Local poña a disposición das embaixadas e consulados que o soliciten, un espazo municipal para que poidan establecer oficinas temporais de atención cidadá así como dirixirse á Subdelegación do Goberno para reclamar un aumento do persoal adscrito á Oficina de Extranxería da Comisaría da Policía Nacional en Ourense co obxectivo de axilizar a tramitación administrativa e reducir as listas de agarda existentes