O BNG celebrará o vindeiro domingo 1 de maio unha xornada de convivencia, chea de actividades culturais ao longo de todo o día e aberta á veciñanza
No BNG pretenden reivindicar a cultura e a importancia do sector cultural de Ourense nun mandato municipal caracterizado pola discriminación e os ataques constantes ao sector
Baixo o lema "+ Ourense + cultura" o evento comezará cun xantar popular e continuará con actuacións musicais, representacións teatrais, proxeccións e lectura de poesía