O BNG impulsará a construción dun novo estadio no Couto e a transformación do actual nunha cidade deportiva
O proxecto integral do BNG, presentado xa no ano 2019, pretende a construción dun novo estadio nos terreos situados por detrás da actual bancada de fondo e a transformación do actual nunha cidade deportiva que permita “rematar coas carencias actuais e dotar a Ourense dunhas instalacións dignas, modernas e funcionais”