Novas
O BNG levará ao parlamento de Galiza o grave caso de caciquismo acontecido nos concellos da Merca, Cartelle e Ramirás
27/dec./2021
Iago Tabarés trasladará ao Parlamento de Galiza a arbitrariedade na selección de persoal nun obradoiro de emprego financiado pola Xunta de Galiza.
Ernesta Seoane e Teresa Garrido informan que o BNG presentará mocións nos tres concellos para que se explique por que se puntuaron probas non realizadas para a selección de persoal.