Novas
O BNG solicita no Parlamento galego a humanización e mellora da seguridade vial e peonil na rúa da Granxa de Ourense
15/set./2023
O Grupo parlamentario do BNG, a través do deputado Iago Rabarés, rexistrou unha PNL na que solicita ao Goberno galego a execución de obras de humanización e mellora da seguridade viaria e peonil na rúa da Granxa en Ourense consistentes na renovación do firme, da sinalización horizontal, o uso de pintura reflectante nos pasos de peóns e a regulación semafórica na contorna do inmoble número 97