A ordenanza de veladores a debate
Dende o BNG queremos que a cidadanía opine e faga as súas achegas e propostas no proceso de elaboración da ordenanza de veladores (terrazas) do Concello de Ourense.
Logo de varias fases do proceso de elaboración que partindo dunha proposta do goberno foi incorporando e rexeitando as achegas dos grupos da oposición e de particulares toca dar o si ou o non final a este proceso, por iso disponibilizamos nesta ligazón a proposta que hoxe en día hai enriba da mesa da Ordenanza de veladores
:: LER / DESCARGAR A PROPOSTA DO GOBERNO DE ORDENANZA DE VELADORES ::
Queremos coñecer a opinión da cidadanía sobre este documento, votaría vostede a favor da súa aprobación, en contra ou abstención?
Queremos que a cidadanía participe facendo a súa valoración e enviando as súas achegas, ben a través do noso enderezo electrónico [email protected], ben a través do seguinte formulario:
[contact-form-7 id="2369" title="Ordenanza de Terrazas, a debate"]
Porque a cidade é de tod@s, tod@s temos dereito a coñecer as propostas e poder participar dos procesos de elaboración das normativas locais.