Alternativas contra a crise
Militantes da comarca de Ourense participaron no reparto de material informativo sobre as alternativas nacionalistas en materia de política económica e contra a crise. O achegamento á cidadanía fíxose simultaneamente nas 7 cidades galegas.
En declaracións públicas, o concelleiro, Fernando Varela, apuntou que é preciso un cambio de rumbo e que sí hai alternativas ás políticas fracasadas que iniciou o PSOE e que se están
radicalizando co PP , políticas que nos están levando ao desastre social e económico.
As propostas do BNG pasan pola creación dunha Banca Pública Galega, a reforma fiscal para que as grandes fortunas e as rendas máis altas se corresponsabilicen da crise, un novo sistema de financiamento que lle permita ao goberno galego atender aos sectores produtivos do País e reforzar os servizos públicos universais para, entre outras cousas, protexer á poboación máis castigada pola crise.