A túa denuncia sobre a situación da sanidade en Ourense

A túa denuncia sobre a situación da sanidade en Ourense

O BNG de Ourense denunciou os recortes na sanidade pública que estan levando ao colapso dos servizos sanitarios en Ourense. A propia Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense denunciaba a precariedade do Servicio de Urxencias do CHUOU, e engadían que "o número de facultativos é insuficiente para atender de forma adecuada aos doentes". Pero dende a Xunta responden con ameazas e decindo que non hai manipulación e que os servizos se prestan da mellor maneira.

Fronte a isto cómpre a participación cidadá para confrontar as mentiras da Xunta e dende o bloque animamos a toda a cidadanía a enviar a súa denuncia -que manteremos anónima se asi o desexan as persoas denunciantes- para explicarlle ao goberno da Xunta, con moitos máis casos dos que xa temos recollido dende o Bloque Nacionalista Galego, a situación da sanidade pública na nosa cidade.

ENVÍA A TÚA DENUNCIA, A SANIDADE É UN DEREITO!

[contact-form-7 id="2485" title="Denuncias sanidade"]

A túa denuncia sobre a situación da sanidade en Ourense