Xosé Lois Seara Fernández
30 xan. 2015 - 14:02
Xosé Lois Seara Fernández, natural de Ourense, 50 anos de idade. Diplomado en Maxisterio. Asesor do Grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense.
Fun concelleiro no concello de A Merca e actualmente son membro do Consello Local e Comarcal da Comarca de Ourense.
Represento á organización en distintas plataformas cidadás: Plataforma Xustiza para tod@s; Plataforma Ríos Limpos;Plataforma Non perdas o Tren, e comité de defensa do monte galego; Participo en Tertulias na televisión privada Teleminho e no programa deportivo da Cadea Ser: La Trastienda del deporte.
Teño unha filla de 21 anos que estuda enfermería.
Son un amante dos deportes (xoguei a futbol durante 20 anos) e da música, a miña verdadeira paixón