O BNG acada o apoio unánime na Deputación para que os concellos que apliquen métodos de compostaxe sexan igualmente bonificados pola Xunta que os acollidos ao modelo sogama

Bernardo Varela pleno 25 novembro de 2022
Bernardo Varela pleno 25 novembro de 2022

Bernardo Varela “esta é unha proposta coa que aplicar a lóxica na xestión dos residuos nos nosos concellos, especialmente na fracción orgánica, xa que en moitos deles o quinto contedor é absolutamente inviable e polo tanto non pode ser esixible pola Xunta de Galiza”

O BNG acada o apoio unánime na Deputación para que os concellos que apliquen métodos de compostaxe sexan igualmente bonificados pola Xunta que os acollidos ao modelo sogama

O voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela,  presentaba por vía de urxencia unha moción ante o pleno do ente provincial coa que interpelaba ao goberno galego a bonificar aos concellos que se acolleran a modelos de compostaxe para a xestión de biorresiduos do mesmo xeito que se bonifica aos concellos que opten polo contedor marrón. 

 

 O pleno aprobou a proposta do grupo nacionalista para demandar da Xunta de Galiza que aplique o 15% de redución do canon de SOGAMA a todos aqueles concellos galegos que apliquen calquera sistema de separación e compostaxe da fracción FORSU, dos recollidos na Lei 7/2022, de residuos e chans contaminados para unha economía circular. E que ó tempo teñan o compromiso dunha cobertura de separación de biorresiduos de cando menos un 20% da súa poboación total no ano 2023.

 

 O obxetivo da Lei 7/2022 de residuos e chans contaminados para unha economía circular, sinalaba Varela, é reducir a cantidade de lixo producimos  e minimizar o impacto ambiental e para elo o lóxico é que separemos máis do 40% da fracción orgánica  que leva a bolsa que cada un de nós producimos

 

 Tal como trasladou Varela ao pleno, a nova lei non establece en ningún punto que a separación de biorresiduos teña que ser exclusivamente polo contedor marrón, senon que propón tres modelos e/ou a posible combinación dos mesmos, a saber: compostaxe doméstica (autocompostaxe), compostaxe comunitaria e contedor marrón (tamén coñecido como 5º contedor).

 

 

Plans de Cooperación: non son xustos, nin equilibrados ,nin minimamente presentables aos concellos

 

Desde BNG recomendouse en pleno remodelar todos os plans de cooperación provincial, levalos a un Plan Único e establecer criterios obxectivos. Un Plan Único, cun punto base de 150.000€ por concello e a partir de ahi ir aumentando esa cantidade en función das necesidades obxectivas a cada concello e que lle permita aos concellos programar o seu orzamento anual. Porque “as achegas destes plans de cooperación non son xustas, nin son equilibradas e desde logo non son minimamente presentables para as necesidades dos concellos da provincia de Ourense” 

 

Moitos dos concellos desta provincia só contarán con 81.5000€ de colaboración coa Deputación, sinalou Varela,  unha cooperación ínfima se o comparamos coa cooperación que realizan as outras tres deputacións cos seus concellos a través dos seus Plans Únicos

 

O Plan de empregabilidade destina 20.000 € de forma lineal a todos os concellos, porén obvia a diferenza de parados por concellos, destinando a mesma cantidade a concellos nos que hai 14 parados como aqueles concellos nos que o número de parados supera o millar. O mesmo acontece co de mocidade, no que se destinan 6000€ a concellos con 20 veciños con idades inferiores aos 18 anos, como aqueles concellos no que número da veciñanza con menos de 18 anos supera o millar. O mesmo o plan de limpeza da rede viaria, hai concellos con 12 núcleos de poboación nun concello moi pequeno e hai concellos con 92 núcleos de poboación e unha superficie  moi importante e o criterio de distribución son os 4.500€ para todos os concellos por igual, sen entrar en que se mantén esa cantidade a pesares do que teñen incrementado os prezos dos combustibles. E o plan de cooperación en obras e servizos municipais, o máis importante, e que se mantén conxelado en 51.000€ desde tempos inmemoriais.

 

O BNG acada o apoio unánime na Deputación para que os concellos que apliquen métodos de compostaxe sexan igualmente bonificados pola Xunta que os acollidos ao modelo sogama