O BNG acada o apoio unánime para a ILP a prol da Lei de montes veciñais.

Bernardo Varela voceiro do grupo provincial do BNG na deputacion de ourense
Bernardo Varela voceiro do grupo provincial do BNG na deputacion de ourense

Bernardo Varela fixo espcial fincapé no  reforzo do carácter xermánico do monte veciñal ante a ameza de privatización destes montes por intereses enerxéticos.

 

O BNG considera que hai que aumentar as prazas MIR e cambiar a práctica de contratación da Xunta para solventar a falta de doutoras e doutores.

O BNG acada o apoio unánime para a ILP a prol da Lei de montes veciñais.

O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, trasladou ao pleno do ente provincial a moción proposta pola Organización Galega de Comunidade de Montes en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular que promove ante a Xunta de Galiza. 

 O voceiro nacionalista fixo referencia a necesidade de priorizar esta iniciativa lexislaiva popular ante a posibilidade da modificación do marco lexislativo  que prevé levar a Xunta de Galiza. A normativa que prevé a Xunta deixaría aberta a porta á expropiación do monte comunal por intereses enerxéticos. 

“Os  dereitos veciñais teñen que ser priorizados” indicou o voceiro do BNG e continuou engadindo, “ que non se pode permitir a expropiación do monte comunal  para outorgarllo a terceiros” 

 A demanda popular de reforzar o carácter xermánico do monte comunal, a mellora do funcionamento asembleario das comunidades de montes; acadar un monte veciñal multinacional e sustentábel ao servizo da veciñanza comuneira e a sociedade no seu conxunto;  articular unha fiscalidade axeitada e en definitiva amosar o respaldo institucional da Deputación ante a Xunta, resultou finalmente aprobada por todas as forzas políticas.

Sendo este un feito de especial relevancia para Galiza en xeral, na que os montes veciñais e en man común ocupan unha cuarta parte do territorio galego, o equivalente a o territorio de toda unha provincia. E en especial para a provincia de Ourense, que  conta coa metade dos montes veciñais de toda Galiza; e das 512.000 hectáreas de superficie forestal coas que conta Ourense 370.000 hectáreas son de carácter veciñal.

 

Peche da oficina de recadación de Viana do Bolo

 

 Varela tamén trasladou a preocupación da Fronte Nacionalista pola desaparición da atención presencial na oficina de recadación municipal que actualmente ten as súas competencias delegadas na Deputación de Ourense.

 Tal como indicaba Varela, a oficina de Viana do Bolo prestaba atención presencial  sendo esta atención presencial e personalizada para resolver os diferentes trámites relacionados con impostos e o catastro un dos elementos máis valorados pola Veciñanza.

 Porén esta oficina apareceu sorpresivamente pechada e xa non se atende de forma presencial á veciñanza de Viana. Sendo para o BNG moi grave o peche desta oficina pois deixase a poboación de Viana sen este servizo, sobre todo cando conta cunha porcentaxe moi importante de xente maior que se afai mellor ao trato presencial e descoñece en gran medida a forma de tramitar telemáticamente as súas xestión.

 

Iniciativas do PSOE

 

Desde o BNG respaldouse a iniciativa do PSOE da necesidade da creación dunha unidade de Ictus. Porén a organización nacionalista viuse na obriga de absterse ante a iniciativa de crear unha faculdade de medicina no campus de Ourense, que nin a propia universidade respalda e non solventa a falta de facultativos.

 Desde a organización nacionalista valorase como un erro de formulación a iniciativa do PSOE.  A iniciativa do psoe baseábase na teórica necesidade de xerar máis licenciados en medicina para solucionar o problema da falta de facultativos que cubran as prazas.

 A realidade é que o problema da falta de facultativos ven da ausencia de suficientes prazas MIR para licenciados en medicina, para a formación de novos doutores e doutoras, e sobre todo pola mala práctica da Xunta de Galiza nas contratacións de doutores e doutoras como de enfermieros e enfermeiras.

Esta mala práctica  terá que ser reformulada pola Xunta de Galiza, do contrario o persoal unha vez formado emigra do País, perdendose así unha gran oportunidade.

 

O BNG acada o apoio unánime para a ILP a prol da Lei de montes veciñais.