O BNG demanda explicacións ante a posible concesión ilegal de contratos públicos na Deputación de Ourense

Bernardo Varela exixe o pronunciamento de intervención ante estas irregularidades do pazo provincial

O BNG demanda explicacións ante a posible concesión ilegal de contratos públicos na Deputación de Ourense

O voceiro do gupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, presentou ante o rexistro da institución a esixencia dun pronunciamento da secretaría e  de intervención desta institución  ante as afirmación do informe da Fundación Civio, e do que se fixeron eco diversos medios. Exixíu unha resposta por parte da secretaría de intervención e un pronunciamento ante as irregularidades aparentes en determinados contratos públicos.

Segundo o informe da Fundación Civio “miles de contratos públicos incumplen la ley para poder ser adjudicados a dedo”, basado en datos da Plataforma de Contratos do Sector Público pon de manifesto que a Deputación de Ourense é a adminstración que ten no seu haber un maior número  fraccionamentos de contratos menores, incumprido a o artigo 118 da lei de contratos. Isto constitúe no infrme da fundación “unha das formas clásicas de corrupción" que podería estar levando a cabo o Partido Popular no pazo provincial.

Tal como se reflicte o citado informe, “está prohibido asinar máis dun contrato coa mesma empresa se, sumados, superan os limites menores. Isto é: unha vez que se chega ao umbral, 15000 € para suminstros e servizos e 40.000€ para obras”. A Deputacion de Ourense incupriría esta normam en concreto en 22 millons de euros e 55 conctratos, que mesmo tería concedido varios contratos ás mesmas empresas o mesmo día.

 

Ante a contundecia e rotundidade das informacións o portavoz do gurpo provincial do BNG, Bernardo Varela  afirmou que “ non cabe menos que solicitar un pronunciamento áxil e contundente dos servizos de secrtaria e intervencion desta institución”, demandando esclarecer a situación que non fái máis que menoscabar á institución.

 

O BNG demanda explicacións ante a posible concesión ilegal de contratos públicos na Deputación de Ourense