O BNG dixo non aos orzamentos de Ourense
O BNG dixo que non ao proxecto de orzamento presentado polo goberno municipal por moitos motivos que o voceiro Xosé Somoza resumíu na súa intervención no pleno en tres argumentos. Primeiro, o goberno municipal de Ourense non ten credibilidade, foina perdendo nestes dous últimos anos e agora xa ninguén nesta cidade cre neste goberno, nin os propios concelleiros e concelleiras do seu grupo que miran cada un polo seu. Non é un goberno críbel para as sociacións de veciños e veciñas, non o é para as outras insitucións públicas, non o é para a cidadanía, nin o é tampouco para as empresas concesionarias que incumpren continuamente as súas obrigas porque consideran a este goberno, a dez meses das próximas elecións municipais, está totalmente amortizado. Este goberno municipal non ten credibilidade e o seu proxecto de orzamento tampouco.
En segundo lugar, o BNG rexeitou este proxecto de contas municipais pola incapacidade que demostra este goberno para realizar, xestionar e executar un orzamento en tempo e forma. Estamos no séptimo mes dun ano que posiblemente acabe tamén sen orzamentos, igual que o anterior. O último aprobouse definitivamente en setembro de 2012 e daquelas o PSOE filtrou aos medios que a demora producíase polas reticencias do BNG, daquelas socio de goberno. Dous anos despois da saída dos nacionalistas do goberno seguimos sen orzamentos, pola incapacidade dos socialistas para chegar a acordos entre eles. O PSOE non ten un modelo de cidade nin un proxecto transversal que vincule as diferentes concellarías, cada un fai a guerra pola súa conta. Non hai equipo de goberno, hai concelleiras-os e unha Directora Xeral que queren gobernar de xeito totalmente autónomo cada unha das súas competencias e o resultado final e a incapacidade do goberno para levar a cabo proxectos, por iso nin se prevé a apertura da casa da mocidade nin o Plan de Emprego se vai pór en marcha.
Segundo Xosé Somoza, este goberno nin realiza, nin xestiona, nin executa, porque a redución do teito de gasto de 90 millóns de euros a 80 prodúcese pola falta de execución do orzamento. A mesma falta de execución que xustifica o incremento do remanente de tesourería, ese que a dez meses das elecións municipais pretende gastar nun Plan de Investimentos, cando non o fixo antes.
En terceiro e último lugar, o proxecto de orzamentos que presenta o goberno socialista non é o orzamento que precisa esta cidade para sair da crise económica ou polo menos axudar a paliar os seus efectos máis negativos sobre as persoas que peor o están pasando. O BNG xa dixo en xaneiro de 2013 que para apoiar uns orzamentos éstes debían facer unha aposta decidida pola creación de emprego, polo gasto produtivo e polo incremento do gasto social. O BNG advertíu hai dous meses que si o grupo socialista quería o noso apoio estes debían ser uns orzamentos sociais, pois como dixo o voceiro do grupo nacionalista na súa intervención respondendo a unha parte intervención do concelleiro Barquero, vitais son as axudas sociais que nestes momentos de crisis son máis necesarias que nunca, non as asistencias externas. Nada diso fixo o grupo de goberno, que presentou ao Pleno un orzamento prácticamente calcado ao borrador de 2013, deixando sin introducir acordos plenarios e partidas consensuadas para incrementar o gasto social. É máis, na votación das emendas, PSOE e PP votaron conxuntamente en contra do incremento de partidas como as das axudas de comedores escolares, axudas de emerxencia social ou programas contra a violencia de xénero.
O resultado da votación final era o previsible, o que todos xa sabíamos, 11 votos a favor do goberno e 16 en contra da oposición. Agora o grupo socialista iniciará a tramitación da súa aprobación en xunta de goberno e pode que antes de que finalice o ano a cidade teña os orzamentos dun goberno que non ten credibilidade, que é incapaz de xestionar un proxecto de cidade porque non o ten e que presentou ao pleno un orzamento que non era o que Ourense necesitaba.
Agora o PSOE ten o camiño libre para aprobar o seu proxecto en solitario sen consenso co resto dos grupos políticos, usurpando unha competencia do pleno e acentuando aínda máis o declive imparábel que leva dende hai tempo. Estamos seguros de que aprobar os orzamentos en xunta de goberno era a súa idea inicial dado que en ningún momento trataron de chegar a acordos coa oposición.