O BNG valora a necesidade da OPE aprobada polo Concello de Ourense, máis denuncia a precariedade noutros servizos básicos.
A formación nacionalista denuncia a situación de precariedade na que se atopa o departamento de Servizos Sociais, área fundamental nestes tempos de crise e incertidume e que carece de persoal suficiente para dar saída o crecente número de solicitudes e expedientes.
Ourense, 17 de agosto de 2020. Desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense valórase positivamente o feito de que desde o Concello se teñan tomado cartas no asunto ao respecto da situación de precariedade na que se atopan dous servizos esenciais e fundamentais como son o corpo da Policia Local e o corpo de Bombeiros.
Valoran os nacionalistas que se teña aprobado unha OPE que contribúa a paliar a situación en ambos corpos dotándoos de 25 prazas no caso da Policía Local e 12 no corpo de Bombeiros ao tempo que amosan a súa preocupación ante a posibilidade de que diante dos diferentes recursos presentados polas organizacións sindicais do Concello, de aquí a uns meses non nos atopemos coa OPE anulada xa que estes están a denunciar a "inseguridade xurídida da oferta ao derivar duns orzamentos ilegais por non seren negociados a pesares da obriga legal existente".
Pero para os nacionalistas a cuestión verdadeiramente relevante é o abandono en canto a provisión de postos de traballo se refire sofren outros departamentos e que para o BNG son fundamentais e sobre todo e por desgraza, por mor destes tempos de crise e incertidume nos que vivimos, o que aboca a moitas e moitos veciños de Ourense a ter que recorrer a eles para poder sair adiante.
É preciso polo tanto, para o BNG reforzar a concellería de Servizos Sociais ante a situación de precariedade e saturación na que se atopa, algo que lóxicamente redunda nunha deficiente atención aos cidadáns e a crecente demanda.
Para o portavoz nacionalista Luis Seara no Concello de Ourense "é incomprensible que a concellería de Servizos Sociais non renovara a súa bolsa de emprego, deixando que esta caducara fai algo máis dun ano, o que impide incrementar a plantilla e asumir deste xeito a elevada carga de traballo debido aos centos de solicitudes derivadas da implantación do Salario Mínimo Vital e mesmo doutras axudas de carácter local e autonómico".
Esta falla de persoal fai que as tramitacións sexan moito máis lentas e que en moitos casos non poidan dar resposta a tempo de moitas das necesidades plantexadas coma pode selo caso das bolsas de comedores escolares, non se entende para o BNG, que deran citas para o próximo mes de setembro cando o prazo de tramitación das mesmas rematou o pasado mes de xullo.
Sucede algo similar coa tramitación doutras axudas tanto de ámbito local coma pode ser as axudas de emerxencia social, onde se están dando citas para o mes de outubro cando, como o seu propio nome indica deben dar resposta a unha situación "de urxencia" do solicitante e polo tanto que non admite demoras, autonómico como a RISGA ou estatal coma pode se o caso do Ingreso Mínimo Vital, perxudicando gravemente aos solicitantes que tal e como lembran desde o BNG son persoas en risco de exclusión social que precisan de respostas inmediatas.
Esta situación tamén fai que os propios traballadores do servizo se vexan altamente saturados.
Segundo Luis Seara "encaramos tempos moi duros e onde moitas veciñas e veciños da nosa cidade precisarán da administración máis próxima a eles, e dicir, o Concello. Este, polo tanto, non pode permanecer estancado ou ausente ante esta situación, debe reaccionar, e debe facelo reforzando un servizo básico como é a concellería de Servizos Sociais".
Para o BNG, cubrir as necesidades de persoal nuns determinados departamentos non pode ir en detrimento e na merma de persoal noutros e menos aínda no de Servizos Sociais ou sanidade. Con esta afirmación, os nacionalistas denuncia a amortización dunha praza de médico na UCA (Unidade de Condutas Aditivas) ou mesmo a dun monitor/a auxiliar de integración entre outras.
Estas amortizacións son a ollos do BNG incomprensibles, tendo en conta as reiteradas ocasións nas que desde Servizos Socias se ven reclamando ao departamento de RRHH persoal administrativo e técnico.