Noa Presas solicita reforzos de vixilancia para protexer a comarca de Monterrei dos lumes
- A formación nacionalista mostra a súa preocupación nunha tempada que non está "nin no ecuador" dos grandes lumes e que seuperan xa as 2.000 ha queimadas
- O BNG aposta pola recuperación das brigadas de vixilancia móbil e de primeira intervención, potenciar as brigadas e reforzar os medios
. A deputada do BNG electa nos pasados comicios do 12X, Noa Presas, mostrou a súa preocupación ante a situación pola que está atravesando a circunscrición de Ourense e en especial a situación da comarca de Monterrei con 2.000 ha queimadas de superficie. Así mesmo, desde o BNG defenden un reforzo dos medios materiais e humanos para esta tempada, así como a recuperación das brigadas de vixilancia móbil e de primeira intervención. No que vai de tempada, Ourense concentra os dous grandes incendios forestais da tempada e e desde a formación nacionalista ven necesario un control específico da zona da A-52.
O verán de 2020 está destacando por non mostrar, até o de agora, signo algún de choiva. Tamén con altas temperaturas e con ventos, o que propicia que a biomasa estea moi sexa e nunha elevada porcentaxe de combustibilidade. Desde o verán de 2017 non se viven unha posibilidade de vaga de lumes tan elevada polas condicións meteorolóxicas o que provoca que se teñan que tomar medidas de máis fondo e repercusión.
Desde a Xunta de Galiza non se fixeron efectivas a maioría das medidas que aprobou despois dos lumes de 2017. Así mesmo, continúa pendente unha gran reforma do dispositivo de extinción, que segue sen obedecer a un mando único e con problemas graves como demostra o feito de que mañá sábado 1 de agosto comece unha folga Persoal técnico do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPIF) de Medio Rural por mor das súas condiciós laborais.
"Estamos na metade do verán e levamos os dous grandes lumes do país, o de Cualedro e o de Monterrei, e en Ourense a vaga de lumes máis forte adoita vir nos meses de setembro outubro" sinalou Presas, representante do BNG mentres apuntaba que son máis de 2.000 ha de superficie as queimadas nestes meses. "Esta situación require de medidas específicas que teñan en conta a reiteración e a coincidencia con lumes en anos anteriores" lembrou a deputada electa.
Desde o BNG pedíronlle á Xunta de Galiza que aposte pola recuperación das brigadas de vixilancia móbil e de primeira intervención, mesmo que potencie as brigadas de investigación e "aposte pola vixilancia aérea sobre todo na liña quente que supón a día de hoxe esa A-52 desde a que se provoca lume". A esta situación engádeselle a aparición de novos lumes na franxa atlántica e desde a organización nacionalista pídenlle ao goberno galego que haxa "unha previsión de reforzo" e se non se modifica o plantexamento actual, Presas indicou que podemos atoparnos nunha circunstancia similar "á de 2017".
Mudanza na tipoloxía dos incendios
Nos últimos anos, en Galiza, malia reducirse o número de incendios a tipoloxía de luume mudou até converterse en grandes lumes con gran superficie debastada e de dificil extinción, acompañado dunha gran intencionalidade como demostran os múltiples focos e a reincidencia en moitas zonas. En Cualedro mesmo tivo lugar un lume en 2015 con 3.500 ha de monte queimadas.
Aumento dos recursos
Presas lembrou que é "inaceptable" a situación pola que atravesan na base de Vilanova no concello do Barco de Valdeorras. Esta base continúa sen helicóptero e, segundo apuntou e lembrou Presas, isto supón un perigo para toda a comarca de Valdeorras. A deputada electa do BNG exixíu a rectificación da Xunta de Galiza nesta situación e convidou ao goberno galego a tomar medidas ao respecto.