Pedimos un cambio de normativa para que os crematorios se alonxen dos núcleos de poboación

Pedimos un cambio de normativa para que os crematorios se alonxen dos núcleos de poboación

Ante o baleiro normativo que regule na Galiza o emprazamento de tanatorios-crematorios e para trasladar ás institucións as queixas veciñais dos residentes nos barrios de O Couto e Vistafermosa, o grupo parlamentar nacionalista rexistrou onte unha propopisición non de lei para que, no prazo de tres meses, se modifique a lexislación que regula a ubicación e as distancias mínimas que deben manter este tipo de instalacións.

IMG_1609

A deputatada, Tereixa Paz, advertía que a normativa galega data do ano 1998 e nela non se estabelen requisitos para a apertura de crematorios. Coa normativa na man, unha empresa pode abrir unha instalación deste tipo nos baixos dun edificio. A regulación que propón o BNG iría encamiñada á prohibición de instalar crematorios a menos de 500 metros de núcleos de poboación, equipamentos sociais e zonas dotacionais, que o tipo de instalación sexa unha construcción independente ou que no lugar no que se emprace haxa espazo para estacionamento e non se obstaculice o tráfico diario.

A iniciativa no Parlamento Galego parte da reunión mantida polo grupo municipal coas veciñas e veciños de O Couto e Vistafermosa. Naquela xuntanza comprometéronse a presentar alegacións para que o crematorio non se instalara nesa zona pero para as-os nacionalistas había que ir máis aló e mudar a normativa para que ningún outro barrio ou núcleo poboacional da cidade tivese que sofrer este problema.

Así, o BNG rexistrou tamén unha alegación á modificación puntual do PXOU no ámbito A Chavasqueira-O Couto. No escrito pídese, como explicaba Xosé Somoza, que se deixe sen efecto o cambio de uso de zona verde a solo de equipamento na parcela situada entre O Couto e Vistafermosa e que na parcela de A Chavasqueira se manteña a cualificación de zona verde para o cal o Concello de Ourense deberá iniciar os trámites para a súa adquisición, vía compra, permuta ou expropiación.

Con estas dúas propostas, o BNG deixa claro que non vai apoiar o proxecto do equipo de goberno de modificar o PXOU nestes dous ámbitos.

Pedimos un cambio de normativa para que os crematorios se alonxen dos núcleos de poboación