Axudas á Rehabilitación de inmobles no Casco Vello, Seixalbo e Camelias, Carballeira e Polvorín
O Concelleiro de Vivenda, Fernando Varela, desplazouse este luns á Santiago de Compostela para asistir ao acto de sinatura dos acordos trilaterais polos cales se definen os investimentos en axudas á rehabilitación dos que desfrutará Ourense nos vindeiros anos. En virtude dos obxectivos plantexados no Plan Estatal de Vivenda 2009-2012 e as Áreas de Rehabilitación Integral que a Concellaría ten recoñecidas no termo municipal, o Concello, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento acordaron está maña destinar máis de 2,36 millóns de euros para o fomento da rehabilitación en Ourense. Os investimentos, que faránse efectivos a través dun acordo plurianual até 2016, comprenden 1.423.750 para o ARI Camelias, Carballeira e Polvorín (en 2º fase de execución), 193.229 para o núcleo de Seixalbo (en 8ª fase de execución) e 743.200 para o Casco Histórico, xa na súa 13ª fase de execución.
Os tres convenios asinados este luns sentan as bases que definirán a nova convocatoria de subvencións a particulares na que xa están a traballar na Concellaría de Vivenda, única encargada de xestionar estas achegas económicas. Os/as interesados/as deberán solicitar información e presentar os proxectos de obra antes do 31 de decembro en orde a acollerse a esta liña de axudas. Neste sentido, alerta o edil responsábel de área, o concelleiro do BNG, Fernando Varela, que os prazos estipulados pola Xunta e Ministerio nesta convocatoria son moi axustados e estrictos cos Concellos, que deberán presentar en tempo récord a relación de solicitantes. Será preciso facer un importante esforzo en divulgación e axilización de trámites para que todo aquel que queira abordar unha reforza poida desfrutar destas axudas. Así mesmo recalcou a importancia de evitar a toda costa que as cantidades comprometidas non se perdan por falla de execución recalcando que será preciso traballar contrarreloxo.
Os investimentos concretados este luns destinanse tanto a axudas directas a particulares para rehabilitación como, en menor medida, a actuacións e infraestruturas e urbanización de espazos públicos comúns. Así mesmo, cada convenio conta cunha partida específica para os gatos derivados dos servizos de información e xestión das Oficinas de Rehabilitación. Estas dependencias son xestionadas de xeito exclusivo pola administración municipal.
Ourense conta na actualidade con tres ARIs recoñecidos que comprenden máis de 4.000 vivendas aínda susceptibles de rehabilitación: 1374 en Carballeiras-Camelias-Polvorín; 2520 na Cidade Vella e 262 en Seixalbo.
Santiago, 14 de maio de 2012.