Vivenda adica o III Encontro Técnico de Rehabilitación ás novas tendencias en bioconstrución
A Concellaría de Vivenda continua este mércores día 9 coa serie de Encontros Técnicos de Rehabilitación que está a organizar como punto de encontro e intercambio de coñecementos entre axentes públicos e privados do sector, e que veñen reinvindicar e impulsar unha práctica, a rehabilitación, que se perfila como unha óptima solución para a dinamización urbana no actual contexto de crise. Nesta edición, xa a terceira, os encontros abordarán as novas tendencias en bioconstrución, enlanzando as prácticas de rehabilitacións coa sensibilidade medioambiental. Os participantes poderán debatir sobre o emprego de técnicas tradicionais de elaboración de paramentos mediante o adobe e pallabarro, pero tamén abordaránse as téncicas máis de vangarda en bioconstrucción, que recollen materiais tradicionais reciclados en fórmulas e aplicacións de última xeración.
Como vén sendo habitual, o encontro está dirixido tanto aos propios técnicos municipais como empresas relacionadas directa ou indirectamente coa rehabilitación de inmobles, así como arquitectos, constructores, e mesmo propietarios; trátase, apunta o edil de Vivenda, Fernando Varela, de achegar coñecementos, experiencias e tamén dificultades coas que nos atopamos á hora de rehabilitar desde todas as perspectivas posibles, o que nos vai permitir enriquecer e facer o máis eficaz posíbel cada traballo de reforma que se leva a cabo en Ourense.
A cita deste mércores será na Sala Azul do Auditorio de 10.00 a 13.00 horas. Os/as asistentes poderán solicitar un certificado acreditando a súa asistencia á xornada.
Tríptico III Encontro Rehabilitación Urbana
Ourense, 7 de maio de 2012